Saturday 04 de May de 2024

Entrevista ao alcalde de Fene no Taller de Radio da Biblioteca Municipal


O alcalde de Fene, Juventino Trigo, someteuse onte ás preguntas dos oito rapaces/as que están a participar no II Taller de Radio que organiza a Concellería de Cultura e Ensino de Fene coa colaboración da Concellería de Participación Cidadá e Comunicación. A entrevista, que xirou sobre distintos aspectos da vida persoal e profesional de Trigo, incluirase no programa de radio que os rapaces/as están a preparar e que gravarán o vindeiro 31 de marzo nas instalacións de Radio Fene.
Achegar aos nenos/as ao medio radiofónico mediante o xogo, a investigación e a creatividade sonora, son os principais obxectivos que se pretenden acadar con esta actividade na participan 8 nenos/as de 9 a 12 anos.
No decurso do taller (que se reparte en catro sesións de hora e media de duración) os/as participantes realizan tarefas propias de productores, redactores e locutores dun programa de radio que a finais de mes gravarán na emisora municipal de Fene (e do que recibirán copia).